Sachovin.

lunes, 27 de octubre de 2014
Galletas craqueladas.
Ingredientes:
- 250g de chocolate negro.
- 55g de manteiga.
- 100g de azucre.
- 2 ovos medianos.
- 210g de fariña.
- Media cucharada de café de levadura Royal.
- Unha pizca de sal.
- Unha cullerada de café de vainilla en po.
- Azucre glass.
Elaboración:
- Fundir o chocolate e añadir a manteiga.
- Batir o azucre e os ovos ata que doblen o volume e adquiran un ton pálido.
- Añadir a vainilla e mezclar co chocolate e a manteiga.
- Tamizar a fariña coa levadura e a sal e añadir a mezcla anterior sen traballala demasiado, só ata que estén unidas.
- Poñer na neveira durante unha hora.
- Formar pequenas bólas e pasar por azucre glass ata que estén ben cubertas.
- Poñelas na placa do forno, un pouco separadas.
- Prequecer no forno a 170º e fornear durante 10 minutos ata que craquelen. Deben quedar crocantes por fóra e blandiñas por dentro.
- Arrefriar sobre unha reixa.
Biscoito de Coco.
Conversación abierta. 1 mensaje sin leer.
Ingredientes (masa de hoxaldre):
- Fariña. (A que sexa necesaria)
- 4 culleradas de azucre.
- 2 culleradas de manteiga.
- 1 ovo.
- 1 copa de anís.
- 5 ovos.
- 2 tazas de azucre.
- 2 tazas de coco.
- Ralladura de limón.
- 1 taza de patacas.
- Cereixas confitadas.
- Colocas a fariña en forma de volcán e bótaselle o azucre, un ovo, a manteiga e o anís. Logo, amasas ata ter unha masa homoxénea.
- Póñense as claras a punto de neve e bótaselle unha cullerada de azucre por cada ovo. Logo fas unha mezcla co resto do azucre, o coco, as patacas (feitas puré) e a ralladura de limón coas cinco xemas ben batidas.
- Mezclamos todo coas claras a punto de neve.
- Esténdese a masa de hoxaldre. Despois estendemos todo no molde sobre a masa de hoxaldre.
- Por enriba adornamos co que sobre do hoxaldre e máis coas cereixas confitadas.
lunes, 13 de octubre de 2014
Biscoito da avoa.
Ingredientes:
- 3 ovos.
- Fariña.
- Azucre.
- Nata ou manteiga.
- Unha cullerada de Royal.
- Unha copiña de coñac.
Elaboración:
- Pesar os ovos con casca. O mesmo peso dos ovos, en fariña, azucre e manteiga.
- Bátese a manteiga ou nata co azucre.
- Añádense os ovos e bátense.
- Añádese a fariña e o Royal mezclados e a copa de coñac.
- Mestúrase todo.
- Añádese a froita que un queira, no noso caso foi unha mazá picada e noces.
- Colócase no molde e fornéase a 180º. Sábese que está feito cando se pincha cunha agulla de cociña e non saen restos do biscoito; o tempo depende do forno.
- Unha vez cocido, espérase un tempo para que enfríe, desmóldase e espolvoréase con azucre glass.
viernes, 3 de octubre de 2014
------>Presentación<------
Ola, somos alumnos de 4ºESO do CPI de Castroverde e neste blog imos a contar as nosas formas de recaudar cuartos a sacho para a excursión de fin de curso e aquelas experiencias durante o curso que queremos compartir con vós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)