CUARTOS A SACHO
Sachovin.
lunes, 15 de diciembre de 2014
Creación camiseta.
Primeiro, fixemos varios debuxos intentando buscar o deseño da camiseta.
Despois, entre todas as opcións, eleximos as mellores e mesturámolas...
E aquí está o resultado.
Pola parte de adiante...
E pola de atrás.
Excursión Tecnologia
O mércores 19 de novembro fomos de excursión á Deputación de Lugo.
Dentro estivemos vendo sensores, ensináronnos a usalos e para que poderían facer falla.
Pasámolo moi ben.
Biscoito de chocolate.
Ingredientes (6 persoas) :
Unha ducia de ovos.
Doce culleradas de azucre.
Catorce culleradas de fariña.
Un sobre de Royal.
A metade dunha tableta de chocolate.
Manteiga.
Preparación:
Encéndese o forno e ponse a 150ºC.
Nun bol, sepáranse as xemas das claras e móntanse as claras.
Cando estén ben montadas, mestúranse coas xemas.
Bótanselle as doce culleradas de azucre mentres mesturamos todo.
Cun colador, colamos a fariña co sobre de Royal para quitarlle os grumos.
Mesturámolo cos ovos e co azucre.
Cando todo esté raiado, botamos o chocolate no bol.
Coa manteiga, untamos o bol e botamos a mestura que fixemos antes.
Metémolo no forno e esperamos que suba. Cando esté subido, miramos cunha agulla para doces se está ben feito e baixamos o forno a 100ºC.
Deixamos que se dore un pouco.
Sacámolo do forno, e de aí a uns minutos desmoldámolo.
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)